Soiuz TMA-19M
Aparencia
Soiuz TMA-19M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 15 de decembro de 2015, 11:03 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 185,92 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 18 de xuño de 2016, 9:15 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2015-076A |
Masa | 7200 kg[5] |
Soiuz TMA-19M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de decembro de 2015 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TMA-19M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Timothy Kopra, Iuri Malenchenko e Timothy Peake a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo Rassvet e regresou o 18 de xuño de 2016 ás 9:15 GMT.[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-19M estaba formada por Anatoli Ivanishin, Takuya Onishi e Kathleen Rubins.[5][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 19M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 19M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 1 February 2016 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (16-01390 (E)). 8 de marzo de 2016: 3. Consultado o 5 de xullo de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-19M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-19M |